Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro 3 de xuño, Santiago de Compostela acollerá a celebración do 2º Foro de Familias, que este ano terá como sede o Hotel Congreso.

O Foro de Familias constitúe un espazo aberto á participación, que este ano terá como tema protagonista "os dereitos das persoas con discapacidade intelectual e o apoio natural das familias para exercelos". A defensa dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento é a razón de ser do noso movemento asociativo, de aí a importancia que lle queremos conceder neste 2º Foro, onde abordaremos experiencias e boas prácticas con familiares e persoas con discapacidade.

COTAS E PRAZOS

Para inscribirvos, deberedes remitir a ficha de inscrición CUBERTA e ASINADA a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

1º Prazo: Ata o 19 de maio. Cota bonificada. O 1º asistente 14 euros. A partir do 2º asistente: 12 €/persoa. Servizo de Respiro: 14 €/persoa.

2º Prazo: Do 20 ao 26 de maio. Cota sen bonificar (aquelas persoas e entidades que presentedes a inscrición despois do 1º prazo): 20 €/persoa. Servizo de Respiro: 20 €/persoa. Cota adicional: Transporte 7 €/persoa.

CONFIRMACIÓN DE INSCRICIÓNS. A partir do 29 de maio confirmaremos as inscricións admitidas.

 

Nos seguintes enlaces podedes descargar a solicitude de inscrición así como información da xornada.

Inscrición 2º Foro de Familias

Información da xornada