Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Durante esta semana previa ao Día Internacional do Traballo, Plena inclusión está a desenvolver unha campaña co fin de facer visibles diferentes aspectos relacionados co emprego das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Esta campaña chámase #Todoal27, en alusión ao artigo 27 da Convención sobre dereitos das persoas con discapacidade que establece o compromiso dos Estados asinantes co acceso ao Emprego destas persoas en igualdade de condicións e coa construción de contornas laborais accesibles, abertos e inclusivos para elas.

 

Con motivo do 1º de maio, Día Internacional do Traballo, durante a semana do 24 ao 29 de abril de 2017 Plena inclusión está a desenvolver a campaña #Todoal27 para concienciar sobre diferentes aspectos relevantes do emprego no colectivo de persoas con discapacidade intelectual, mostrar a súa situación neste ámbito e reivindicar un maior compromiso de tod@s para evitar situacións de discriminación.

Cada día desta semana Plena inclusión está a publicar un artigo relacionado cunha situación diferente de emprego, destacando datos relevantes e ofrecendo o seu posicionamento. Xunto a iso compartimos esas mensaxes nas redes sociais coa etiqueta #Todoal27, en alusión ao artigo 27 da Convención sobre dereitos das persoas con discapacidade relativo ao acceso ao Emprego en igualdade de condicións e a construción de contornas laborais accesibles, abertos e inclusivos.

A campaña abordará diferentes asuntos como a cota de reserva de prazas de emprego na administración pública para estas persoas, as diferenzas salariais, as súas barreiras na formación, escasos perfís profesionais, as súas taxas de inactividade, ou algunhas das solucións propostas por Plena inclusión, como o proxecto de Emprego Personalizado que se dirixe ás persoas con discapacidade intelectual que teñen grandes necesidades de apoio.

Para Plena inclusión o ámbito do emprego é un dos aspectos crave para a inclusión das persoas, non só porque garante a súa indepedencia económica e favorece a súa atodeterminación, senón tamén porque amplía o espectro de relacións con outras persoas sen discapacidade e de oportunidades de gozar doutros aspectos vitais aos que estas persoas teñen maiores dificultades de acceder, como o lecer, a cultura, etc.

Por iso, Plena inclusión incluíu dentro da súa estratexia para os próximos anosos retos de aumentar as posibilidades de desenvolvemento profesional destas persoas, incluídas aquelas que teñen maiores necesidades de apoio, e indicir nos marcos lexislativos, políticos e empresariais para favorecer na inclusión no emprego.