Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O pasado 30 de marzo FADEMGA Plena inclusión Galicia acollía a primeira xornada de formación en materia de igualdade, unha iniciativa que forma parte do novo programa de muller, posto en marcha co obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, así como de apoiar a aquelas mulleres que se atopan en situacións de risco ou exclusión social.

Para que a igualdade entre homes e mulleres sexa real e efectiva requírese contar cos coñecementos necesarios, as capacidades e técnicas para realizar unha análise da realidade desde a perspectiva de xénero, e facer ese coñecemento accesible ás persoas responsables de pór en marcha as políticas de igualdade, co fin de que chegue á sociedade no seu conxunto.

A través desta formación, as docentes Adela Díaz Gándara (Docente en Filosofía e asistente de investigación en feminismo e filosofía do xénero no Departamento de Filosofía da Universidade de Sheffield, Reino Unido) e Rocío Rey Sanmartín (Técnico do Programa de muller de FADEMGA Plena inclusión Galicia) fixeron unha aproximación aos conceptos de sexo, xénero e estereotipos, así como ás situacións de discriminación e violencia e mesmo aos avances das mulleres ao longo da historia.

Este novo programa de muller é posible grazas aos contribuíntes que marcan a X Solidaria na súa declaración da rensa (casilla 106 de “Actividades de interese social”).