O conselleiro de Sanidade D Jesús Vázquez Almuíña e o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, D. Eladio Fernández, participaron no Foro de irmáns e cuñados de persoas con discapacidade intelectual, un espazo aberto á participación, onde os asistentes puideron facer aportacións e reflexións cos seus compañeiros para buscar diferentes líneas de acción en torno ao tema da xornada: as relacións persoais.
Baixo o lema, “Falemos de sexo, falemos de afecto”, o Foro abordou a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual, un aspecto que dende a federación consideramos imprescindible para que as persoas con discapacidade intelectual teñan a oportunidade de aprender a canalizar os seus afectos e a súa sexualidade, de maneira que poidan ter unha vida plena. A especialista en educación sexual Débora Baz Rodríguez, membro do Gabinete de formación e asesoramento sexual Amaturi, foi encargada de impartir a poñencia “Sinxelamente sexuais”, que estivo seguida das testemuñas de familiares, profesionais e persoas con discapacidade intelectual da Asociación Chamorro, que nos falaron da súa experiencia neste eido. As persoas con discapacidade intelectual pertenceron durante moito tempo a unha das minorías ás que se lles negou toda posibilidade de satisfacer as súas necesidades afectivas e sexuais.
Con todo, desde a óptica da normalización e integración como principios básicos dende os que plantexar a educación e forma de vida na nosa sociedade das persoas con discapacidade intelectual, é necesario traballar no tema da sexualidade e das relacións interpersoais, xa que é un dereito que ditas persoas teñen e do que ninguén as pode privar.
:: Os irmáns, un papel cada día máis relevante
Ser irmán dunha persoa con discapacidade intelectual, é unha circunstancia complexa na que afecto e responsabilidade van unidas. Por elo, os familiares das persoas con este tipo de discapacidade precisan apoio, información e vías de participación nas organizacións que os representan, co fin de manter e de fomentar unha estrutura de axuda.
A través deste Foro, FADEMGA Plena inclusión Galicia quere aportarlles un espazo propio onde compartir experiencias e reflexionar sobre o seu papel no movemento asociativo, así como a importancia de implicarse no día a día das institucións, e de traballar en prol da visibilización do colectivo.