Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Xunta de Galicia e FADEMGA Plena inclusión presentaron esta nova funcionalidade da tarxeta sanitaria coñecida como Dobre AA (Acompañamento e Accesibilidade) que garantirá o acceso preferente das persoas con discapacidade intelectual ás consultas sanitarias.

A tarxeta facilita a accesibilidade a determinados servizos sanitarios dos pacientes diagnosticados de certas patoloxías, cuxa sintomatología fai aconsellable, na medida do posible, reducir os tempos de espera previos á entrada na consulta médica, achegándoa todo o posible á hora de cita concertada.

Santiago de Compostela, 21 de marzo. O conselleiro de Sanidade D. Jesús Vázquez Almuíña, acompañado da Xunta Directiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia, presentou esta mañá en Santiago, a nova funcionalidade da tarxeta sanitaria preferente (coñecida como Dobre AA) que dende agora tamén facilitará o acceso preferente ás consultas sanitarias de todas aquelas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, que presentan maiores necesidades de apoio.

Xunto a eles, atopábanse representantes das 14 entidades galegas que apoiaron esta reivindicación, PAI MENNI, ASPAS, ACEESCA, JUAN XXIII, JUAN MARIA, AMICOS, APADER, CHAMORRO, ASDEME, AMIPA, ASFAVAL, ASPANAS, ASPANANE E ASPNAIS. A inclusión do colectivo de persoas con discapacidade intelectual como parte dos beneficiarios da Tarxeta Dobre AA é unha das vellas reivindicacións que FADEMGA levaba defendendo dende o ano 2013, cando solicitamos á Xunta de Galicia a inclusión do colectivo entre os beneficiarios desta Tarxeta Moitas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento teñen características particulares que dificultan a súa correcta atención sanitaria: problemas de comunicación, alteracións de conduta, necesidade de apoio extenso ou xeneralizado, problemas de mobilidade, etc

Esta nova funcionalidade da Tarxeta AA responderá á necesidade de garantir a igualdade na cobertura sanitaria, e entre os seus beneficios destaca a posibilidade de acceder ao interior das consultas acompañadas do coidador principal; axilizar o tempo de espera nas visitas e nalgunhas probas médicas (xa que algunhas destas persoas deben ser anestesiadas para facelas, o que provoca atrasos); ou a inclusión en programas de administración farmacéutica a domicilio. Prevese que a xeneralización no uso desta tarxeta, así como o seu correcto funcionamento e a sensibilización dos médicos con este uso, elevará en boa medida o número de visitas médicas do colectivo.

:: Un dereito recollido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Convención da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade

En 2013, un estudo de Plena inclusión e a Universidade Autónoma de Madrid revelaba datos alarmantemente baixos nestas visitas. Por exemplo, aínda que máis do 40% das persoas da mostra empregaba lentes, só un 13% acudía ao oftalmólogo. Isto é aplicable a outras especialidades como a odontoloxía (só un 4,5%), a otorrinolaringoloxía (un 9,4%), a xinecología (un 10,4% das mulleres), ou a psiquiatría (un 13,4%). Xunto a iso, só un 9% presentaba un calendario completo de vacinación, e un 67,2% non tiña información sobre saúde. As pinzas das ieas O dereito á saúde recolleuse na constitución da Organización Mundial da Saúde (OMS) como “un dos dereitos fundamentais de todo ser humano sen distinción de raza, relixión, ideoloxía política ou condición económica ou social”. Así mesmo, o artigo 25 da Convención da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade, establece o dereito das mesmas a “gozar do máis alto nivel posible de saúde sen discriminación por motivos de discapacidade”.