Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

As persoas con discapacidade teñen unha maior predisposición a presentar enfermidades, tanto de tipo físico como mental, porque adquiren hábitos de vida pouco saudables (dietas pouco equilibradas, sedentarismo, etc.), padecen enfermidades asociadas á discapacidade (epilepsia, problemas de mobilidade, etc.) ou teñen predisposición a algunhas enfermidades debido a alteracións xenéticas, no caso dalgúns síndromes. 

Por todo elo, faise necesario que poñamos en marcha accións de promoción da saúde, algo fundamental para lograr que as persoas con discapacidade intelectual podan mellorar a súa saúde e exercer un maior control sobre a mesma.

Froito desta necesidade, e coincidindo co Día Mundial da Saúde, oganizamos esta xornada baixo o título "Plena Saúde". Nela reflexionaremos e analizaremos coas propias persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, as súas familias e os seus profesionais de referencia, sobre diferentes aspectos de saúde.

A xornada está dirixida principalmente a persoas con discapacidade intelectual maiores de 45 anos, acompañados de algún familiar ou profesional das entidades, e terá lugar Casa das Asociacións Edificio CABES (Rúa Manuel María, 6 15704 - Santiago de Compostela) o vindeiro 7 de abril, en horario de 10:15 a 14:00 horas e de 16:00 a 17:30 horas.

Para participar soamente é necesario enviar a inscrición que achegamos a continuación cuberta e asinada antes do 31 de marzo de 2017 ao correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Descarga aquí a inscrición á xornada