Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

En FADEMGA Plena inclusión Galicia entendemos a calidade como unha obriga que emana do dereito das persoas a recibir -tras ser escoitadas- apoios dignos e significativos para as súas vidas. Neste sentido, definimos a calidade Plena como o resultado da interacción de tres compoñentes esenciais: CALIDADE DE VIDA, calidade na XESTIÓN e ÉTICA, de xeito que ningún deles pode faltar ou ter desenvolvementos significativamente diferentes dos outros dous.

Froito desta importancia organizacional que supón para nós a calidade, nace esta xornada dirixida a tódalas persoas que forman parte das organizacións do movemento asociativo galego de Plena inclusión (persoas usuarias das entidades, familiares, xuntas directivas, directores/as-xerentes, profesionais de atención directa ou non e voluntari@s)

Para inscribirse na xornada debes cumprimentar este formulario, e remitilo ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 24 de MARZO

Recordade: o aforo é limitado, e aceptaránse as inscricións por rigoroso orde de chegada.

*Descarga aquí información sobre a xornada