Dende a Federación continuamos a impulsar apoios e recursos para as nosas entidades. A continuación, ofrecémosvos as 2 modalidades de apoio que podedes solicitar.
1) A dos Programas. Na que as entidades interesadas poderedes solicitar o apoio dun profesional para:
o Promover a autonomía e a vida independente de persoas con discapacidade intelectual adultas. A profesional que dará este apoio será Dolores Portela, responsable do Programa de Cidadanía Activa. Se precisas máis información preme neste enlace: Programa de promoción de vida independente
o Promover nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento un envellecemento activo. A profesional que dará este apoio será Pilar Villaverde, responsable do Programa de Envellecemento Activo. Se precisas máis información preme neste enlace: Programa de envellecemento
o De cada unha destas accións só poderá beneficiarse unha entidade ao longo do 2017. É dicir, unha entidade poderá beneficiarse das actividades dirixidas a promover o envellecemento activo e outra das actividades para promover a vida independente.
o Prazo: Tedes de prazo para solicitar estes programas ata o venres, 17 de marzo.
2) A da Formación.
o Dirixida a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para:
- Previr condutas delictivas (4 sesións). As profesionais encargadas de impartilo serán Laura Sánchez e Rocío Rey. Se precisas máis información preme neste enlace: Taller de prevención de condutas delictivas.
- Promover a saúde mental e o benestar (9 sesións). A profesional encargada de impartilo será Pilar Villaverde. Se precisas máis información preme neste enlace: Taller saúde mental e benestar
- Promover a “seguridade nas redes sociais” (1 sesión). O profesional encargado de impartilo será Manuel Seoane. Se precisas máis información preme neste enlace: Taller seguridade en redes sociais
- Prevención de adiccións (1 sesión). As profesionais encargadas de impartilo serán Laura Sánchez e Rocío Rey. Se precisas máis información preme neste enlace: Taller de prevención de adiccións.
o Dirixida a familiares de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento:
- Familias en Forma (ata 8 sesións). Programa de formación flexible dun máximo de 12 horas (hora e media por sesión). Aborda temas de interese para as familias: calidade de vida persoal e familiar, ética, dereitos, autodeterminación, etc.
- Talleres monográficos (1 sesión). Sobre algún dos temas do programa formativos Familias en Forma: calidade de vida familiar, dereitos, ética, autodeterminación, etc.
o Prazo: Tedes de prazo para solicitar esta actividades formativas ata o xoves, 24 de marzo.
Todas estas actividades as subvenciona o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través do IRPF, grazas ás persoas que marcades na vosa declaración da renda a casiña de “Fines Sociais”.
As entidades/beneficiarios so teredes que asumir un custe simbólico, polo que vos animamos a solicitar algunha destas propostas.
Para aclarar dúbidas, podedes poñervos en contacto coa Federación chamando ao teléfono 981 519 650, preguntando por cada un dos responsables.