Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O acto terá lugar ás 11:00h fronte á sede do Tribunal Constitucional en Madrid (C / Domenico Scarlatti nº 6), no que se lerá un Manifesto polo dereito ao voto das persoas con discapacidade.

O pasado mes de decembro, tras o anuncio da Ministra Dolors Montserrat de que cambiaría a Lei Electoral para xeneralizar o voto entre as persoas con discapacidade, o Tribunal Constitucional anunciou que non admitía a trámite un recurso de amparo da Fiscalía Xeral do Estado que solicitaba a restitución do dereito ao voto dunha cidadá galega con discapacidade intelectual. Por iso, xunto a CERMI e Down España, Plena inclusión concentrarase fronte á sede do Tribunal Constitucional co fin de reivindicar o dereito ao voto de case 100.000 persoas que non poden exercelo por ter unha sentenza de modificación legal da súa capacidade, e doutras moitas que, podendo legalmente votar, non poden acceder á información e o proceso electoral en igualdade de condicións que o resto.

Desde Plena inclusión vimos reclamando este dereito desde hai anos, en cumprimento do artigo 29 da Convención da ONU sobre Dereitos das persoas con discapacidade, á participación política e pública.

Desde 2011, mantemos activa nosa campaña "O meu Voto Conta" (www.mivotocuenta.es, #MiVotoCuenta) para concienciar ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias, os políticos, poderes públicos e sociedade en xeral, da importancia de salvagardar o dereito ao voto e o acceso á información e o proceso electoral en igualdade de condicións para todos os cidadáns e cidadás.

 

Manifesto polo dereito a voto das persoas con discapacidade

Web da campaña Mi Voto Cuenta