Onte día 18 de Xaneiro tivo lugar na Subdelegación de Defensa en Pontevedra, a formalización do contrato para as dúas persoas con discapacidade intelectual que superaron a proba de concurso oposición, publicada no BOE o día 18 de decembro de 2015. As prazas convocadas no proceso selectivo son para cubrir con persoal laboral fixo da Administración Xeral do Estado coa categoría de Axudante de Xestión e Servizos Comúns.
Trátase de Ana María Galego Estremera e Óscar Otero Bada, que acudiron acompañados de representantes de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Ambos os traballadores, vinculados desde a data ao Ministerio de Defensa desempeñasen os seus novos labores como Ordenanzas na Subdelegación de Defensa e a Escola Naval Militar respectivamente.
:: O emprego: factor crave para a integración das persoas con discapacidade intelectual
Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia tamén vimos defendendo desde hai anos a adopción doutro tipo de medidas, como a adaptación de probas nas convocatorias de oposicións, a través de probas prácticas reais (onde se demostren que se posúen os coñecementos básicos para a execución do posto de traballo ofertado), así como a reserva dunha parte da contratación pública aos Centros Especiais de Emprego, o que favorecería a integración destes traballadores.
A igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual, constitúe unha das principais reivindicacións da Federación Galega. Trátase dun dereito recolleito na "Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade", sendo España uno dos países que o adoptou para o seu ordenamento xurídico interno.