Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, este proxecto levarase a cabo nas 4 provincias ata o mes de marzo, en el participarán 52 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

 

O obxectivo principal do programa é dotar ás persoas con discapacidade intelectual da información, os recursos e as ferramentas necesarias para facilitar o seu acceso ao mercado laboral e mellorar así, a súa calidade de vida.

Este plan de formación estrutúrase como unha acción de carácter transversal, destinada a proporcionar coñecementos e habilidades xerais vinculadas coa procura e mantemento do emprego, independente das diferentes ocupacións. Desta forma, preténdese achegar coñecementos e recursos que melloren a empregabilidade do colectivo, implementando unha metodoloxía adaptada ás características e necesidades concretas de cada participante.

   

Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.