Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O conxunto de redes, entidades, servizos que ofrecen apoio a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento está, desde a súa creación, nun proceso permanente de reflexión - acción. Agora, estamos a asistir en gran parte do mundo a un momento de profunda reflexión e transformación, froito da experiencia anterior no traballo no noso ámbito, a investigación e actuais modelos de discapacidade intelectual, apoios e calidade de vida; e a esixencia que marcan os dereitos das persoas con discapacidade.

Agora necesitamos transformar as nosas organizacións e servizos, que foron creados mirando só a discapacidade, en organizacións e servizos orientados e centrados en cada persoa, na súa calidade de vida e os seus dereitos.

O proxecto de transformación dos servizos cara á calidade de vida consiste en alimentar e promover a vontade e a acción dos servizos de Plena inclusión que voluntariamente queiran iniciar un proceso de transformación, e ofrecerlles unha contorna de rede e de colaboración mutua, con apoio e acompañamento.

 O modelo que perseguimos é un modelo

- centrado na persoa e na familia e no contexto natural (fogar, escola, comunidade).

- que se desenvolva coa colaboración estreita e en igualdade entre persoas, familias e profesionais.

- que se asente sobre unha base sólida no uso de prácticas que conten con coñecemento e evidencia científicos sobre o funcionamento humano e sobre as claves para o seu benestar, tanto individual como familiar.

- que teña un compromiso irrenunciable cos dereitos de todas as persoas.

En 2015, Plena inclusión España realizou unha Xornada presencial de intercambio para integrantes dos proxectos de transformación en Educación, Atención Temperá e Grupo transformación de federacións.

A xornada desenvolveuse na Univesidad Autónoma de Madrid, coa participación de máis de 130 persoas pertencentes a eses proxectos. Os grupos de traballo foron dinamizados polos responsables de Transformación das federacións.

Xunto a iso constituímos o grupo de mediación e apoio á transformación de Centros de Educación Especial (CEE) que durante o ano reuniuse en 7 ocasións para apoiar o proxecto de transformación de educación. Este proxecto en Educación difundiuse os países Latinoamericanos.

+ Podes atopar máis información sobre este proxecto premendo nos seguintes enlaces:

- Nova convocatoria aberta

- Explicación da transformación

- A transformación dos servizos cara á calidade de vida

- Inscrición

- Vídeo de maio de 2016 https://www.youtube.com/watch?v=IFDO9gs9aqI&feature=youtu.be

- Video de outubro de 2014 https://www.youtube.com/watch?v=XoOJHnBkvuU&feature=youtu.be&t=4359