Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Os días 13 e 14 de outubro celébrase no Reitorado da Universidade de Córdoba o I Encontro de Prácticas Admirables de Plena inclusión, onde se presentarán 14 experiencias seleccionadas entre 283 presentadas por organizacións de Plena inclusión de toda España.

Esta cita ademais, conta con relatores internacionais como Edwin Jones -que falará dunha experiencia de fogar para persoas con necesidades complexas de Reino Unido-; Julie Lund -que explicará novas fórmulas para pasar da desinstitucionalización á inclusión das persoas-; e Elisabeta Moldovan, que falará dos movementos de autorepresentación de persoas con discapacidade intelectual como ela, que preside unha asociación de autorepresetantes en Romanía.

Por outra banda, Alejandro López, Subdirector Xeral da Fundación Rais, falará sobre o Modelo “Housing First” para persoas sen fogar, e tamén falará o Doutor en Teoloxía e Filosofía e Letras, Alfredo Fierro co relatorio “Contra inhumanidad”

(para ver o programa completo: http://www.plenainclusion.org/)

As 14 Prácticas Admirables exporán as súas experiencias en intervencións de 12 minutos e despois disporán de espazos para compartir, debater e charlar: os “Cafés para o Encontro”, cos 420 asistentes que se van a dar cita no Reitorado. Ao longo deste día e medio, os asistentes poderán votar a través dunha enquisa online e participar así na elección do tres prácticas excelentes, que se coñecerán o último día ás dúas da tarde, minutos antes de clausura.

O I Encontro de Prácticas Admirables conta co apoio de Banco Santander e Fundación ONCE.

Poderase seguir por streaming a través da páxina web de Plena inclusión: http://www.plenainclusion.org/informate/encuentros/encuentro-practicas-admirables/programa