O próximo 2 de outubro cúmprese un ano do cambio de marca do noso Movemento Asociativo. Conmemorando este aniversario e co obxectivo de consolidar a nosa nova identidade na sociedade, lanzamos a campaña de comunicación "Grazas por nada", ideada pola axencia Mi querido Watson.
Coa mensaxe desta campaña "Grazas por Nada" pretendemos mostrar o noso agradecemento aos cidadáns e cidadás que "aparentemente" non fan "nada" pero que coas súas actitudes e comportamentos ante a discapacidade están a xerar cambio social. "Aparentemente" non fan "nada" pola inclusión das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento pero en realidade, están a facer moito: non discriminan, non teñen prexuízos, non miran con receo, non se comportan de forma diferente...
A campaña consta de diferentes vídeos nos que se combinan testemuñas de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e situacións cotiás de cámara oculta nas que se pode observar a reacción de persoas que se relacionan con persoas con discapacidade intelectual. A primeira peza audiovisual atópase xa online.
Os próximos vídeos lanzarémolos os días 15 e 21 de setembro, data na que inauguraremos a web que creamos para esta campaña. Esta acción de comunicación culminará o 2 de outubro, un día sinalado no imos pedir á sociedade que se implique regalando "NADA".
Animámosvos a compartir estes materiais nas vosas redes sociais, webs, co hashtag #GraciasPorNada. Xa podedes facelo co primeiro dos vídeos, que se atopa aloxado na Canle de Youtube de Plena inclusión: https://youtu.be/ajQJZ0DAArU