Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Este sábado, o Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago acollerá o 1º Foro dirixido a Familias de persoas con discapacidade intelectual, que organiza FADEMGA Plena inclusión Galicia co obxectivo de promover a calidade de vida e a inclusión do colectivo.

Esta xornada supón un importante punto de encontro onde os familiares teñen a oportunidade de compartir as súas principais preocupacións e problemáticas do día a día, así como intercambiar experiencias e opinións en torno á súa relación coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

A inauguración terá lugar ás 10:30 e acompañarannos Jesús Vázquez Almuíña (Conselleiro de Sanidade), Arturo Parrado Puente (Director Xeral de Inclusión Social), Concepción Fernández Fernández (Concelleira responsable de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela) e Eladio Fernández, Presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

 :: “O Relevo Xeracional nas Familias e a Plena Inclusión” serán os temas conductores da xornada.

Nos coidados e apoios á persoa con discapacidade o relevo xeracional é unha das principais preocupacións nas familias. Para os pais, porque non queren que sexa “unha carga” para os demais fillos. Para os irmáns, porque é unha responsabilidade importante e teñen medo de “non estar a altura”. Saber que facer é moi importante para que deixe de ser unha preocupación, por iso escoitaremos algunha das reflexións ás que chegaron os irmáns e que van compartir cos pais.

Por outra banda, a plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual é unha reivindicación constante que implica cambios sociais significativos. As familias poden impulsalos pero primeiro hai que saber como.