Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Co fin de cubrir prazas de emprego público en toda España, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, convocaba en decembro 70 postos de persoal laboral fixo na Administración do Estado, modalidade de Axudante de Xestión e Servizos Comúns (Ordenanza), dirixidos a persoas con discapacidade intelectual.

Este venres máis de 150 persoas con discapacidade intelectual, marcharán cara Madrid para facer fronte a esta proba para a que levan meses formándose a través de FADEMGA Plena inclusión Galicia. En total, presentaranse 153 persoas das cales 135 viaxarán acompañadas polos seus familiares e por 16 técnicos da federación que os apoiarán durante todo o proceso.

 A distribución por provincias é a seguinte:

Coruña 70

Pontevedra 24

Ourense 40

Lugo 19

Total Galicia 153

 

:: Apoios integrais para facilitar a inserción laboral do colectivo

Durante o proceso de preparación, a federación facilitou formación de cara a preparación deste exame pero tamén ofreceu apoio aos opositores en todo o proceso; desde a formalización da solicitude até a presentación de alegacións a listas ou a documentación referida á formación e experiencia de cada aspirante para o concurso ademais de acompañalos ao lugar onde se realizarán os exames este sábado 11 de xuño.

A saída dos aspirantes terá lugar ás 10.00 horas do venres, dende A Coruña, Santiago, e Vigo, e ás 11:00 dende Lugo e Ourense para realizar o exame que terá lugar na Universidade Complutense de Madrid.