Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Un programa de actividades que favoreza a autonomía, a independencia, a toma de decisións, o compañeirismo ou a responsabilidade das persoas con discapacidade intelectual, son algún dos obxectivos primordiais que FADEMGA persegue a través do seu programa de ocio, do que cada ano se veñen beneficiando preto de 200 persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia, e onde se intenta dar cabida a todos aqueles solicitantes en situación de maior desvantaxe social, económica, familiar e persoal.

En total, este ano prevese que 197 persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia participen no Programa de ocio, que ofrece múltiples destinos seleccionados previamente polas propias persoas con discapacidade intelectual.

A Federación realiza reunións periódicas tanto cos usuarios como cos monitores, onde son as persoas con discapacidade intelectual, acompañadas dos seus monitores, quenes deciden as actividades e os destinos aos que queren viaxar. No que vai de ano, xa se celebraron un total de 6 viaxes (Tenerife, Sevilla, Oviedo, Salamanca, Madrid e Peñíscola) onde participaron 131 persoas e 43 monitores que os acompañaron nas actividades. Nas próximas datas celebraranse novas viaxes a Pineda de Mar, Mallorca e Gran Canaria.

 :: Unha alternativa de lecer diferente para as persoas con discapacidade intelectual

A través deste programa, FADEMGA Plena inclusión Galicia oferta ás persoas con discapacidade intelectual unha alternativa de lecer ás actividades máis habituais na súa contorna puidendo participar en diferentes actividades de tempo libre, como visitas guiadas, xornadas deportivas... que, ante todo, buscan a plena inclusión das persoas nos espazos comunitarios.

O Programa de Vacacións do IMSERSO execútase a través de Plena inclusión, e mediante o cofinanciamento do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade grazas á contribución das persoas que marcan o X Solidario na súa declaración da renda.