Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

As persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento teñen unha maior predisposición a presentar enfermidades, tanto de tipo físico como mental, porque teñen hábitos de vida pouco saudables (dietas pouco equilibradas, sedentarismo, etc.), padecen enfermidades asociadas á discapacidade (epilepsia, problemas de mobilidade, etc.) ou teñen predisposición a algunas enfermidades debido a alteracións xenéticas, no caso dalgúns síndromes.

A saúde é un aspecto clave na calidade de vida, pero ter saúde non é só a ausencia de enfermidade, require ademáis certo grado de satisfacción persoal, polo que conleva un componente subxectivo. Non só nos podemos limitar ó tratamento dos problemas de saúde, senón anticiparnos os mesmos co fin de evitar a súa aparición.

Esto constitue un reto para todos (entidades, profesionais e familias), sobre ó que FADEMGA Plena inclusión Galicia querere flexionar e analizar coas propias persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, as súas familias e os seus profesionais de referencia ao longo dunha xornada o día 4 de maio.

A xornada terá lugar na Casa das Asociacións, Edificio CABES. (Rúa Manuel María, 6 15704 -Santiago de Compostela),

Para participar é necesario enviar a inscrición cuberta e asinada antes do 28 de abril a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Descarga aquí o Programa e información da Xornada.

*OS PARTICIPANTES DEBERAN TRAER O SEU MATERIAL DE HIXIENE DENTAL: cepillo, pasta e outros elementos que usen.