FADEMGA Plena inclusión Galicia está a organizar o I Foro de Irmáns e Cuñados de Persoas con Discapacidade intelectual. Un Foro aberto de participación onde os asistentes poderán facer aportacións e reflexións cos seus compañeiros para buscar diferentes líneas de acción.
O tema que protagonizará a xornada será "O Relevo Xeracional na Familia e a Renovación Asociativa"
O Relevo Xeracional nos coidados e apoios á persoa con discapacidade é unha das princi-pais preocupacións nas familias. Para os pais, porque non queren que sexa “unha carga” para os demais fillos. Para os irmáns, porque é unha responsabilidade importante e teñen medo de “non estar a altura”. Que podemos facer para que deixe de ser unha preocupa-ción?
No que se refire á Renovación Asociativa, este é un problema crecente nas nosas organizacións. Custa moito traballo atopar persoas dispostas e preparadas para continuar asumindo a dirección das nosas entidades. A esta dificultade temos que engadir que hai moi pouca implicación das “novas” familias que chegan, así como unha escasa participación das demais. Que dificultades hai nas asociacións para que isto aconteza? Que hai que facer para que isto cambie?
Todo elo abordarase a través deste Foro, que terá lugar no Centro Sociocultural de Abanca (Praza de Cervantes) en Santiago de Compostela.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ate o vindeiro 15 de abril.
Nos seguintes enlaces podedes acceder a tódala información e á inscrición da xornada: "I Foro de irmáns e cuñados de persoas con discapacidade intelectual"