Listen to this page using ReadSpeaker

https://www.bufete-albanes.com/2023/09/20/8z2nx8ler17

https://www.deficitdao.org/2023/09/20/nmpnrxjc7n Seguindo na nosa firme aposta pola promoción da lectura fácil, FADEMGA Plena inclusión Galicia organiza unha nova xornada centrada na difusión dos beneficios desta ferramenta e dos clubs de lectura fácil que están a emerxer nos últimos meses. Dita xornada terá lugar este venres, día 1, no Edificio CERSIA (Santiago).

https://prepnsell.com/blog/2023/09/20/j2u3krs Durante o día, presentaranse os obxectivos, beneficios e destinatarios da lectura fácil así como proxectos nos que se emprega esta metodoloxía.

A Lectura Fácil é un método de adaptación e redacción de textos, que fai accesible a información e a cultura, un dereito das persoas con dificultades de comprensión lectora, que aparece recollido na Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU do ano 2006 e que nos axuda a mellorar a accesibilidade cognitiva do entorno das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

https://www.ibericadron.com/vc0zxbc En definitiva, é un sistema que nos sirve para comprender as ideas e opinións doutras persoas, participar de forma más autónoma na comunidade e acceder á literatura, a ciencia e a cultura. Dende a federación estamos a facer esforzos por fomentar entre entidades e organismos a metodoloxías da lectura fácil.

A xornada contará cun espazo onde se mostrarán Boas Prácticas de entidades que están a poñer en marcha novos proxectos centrados na lectura fácil, como a adaptación da obra “Os Nenos” de Xosé A. Filgueira, a cargo da asociación JUAN XXIII ou o proxecto de “Reporteiros en rede” da asociación JUAN MARÍA.

https://cafearabo.com/v5ar10uqt1 Dende a federación, agradecemos a colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que a través do X Solidario, permite que estas xornadas sexan unha realidade.