Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O programa de Respiro Familiar de FADEMGA Plena inclusión Galicia inicia a súa quenda de Semana Santa, co obxectivo de ofrecer unha opción para as familias que contan nos seus fogares con persoas con discapacidade intelectual.

Nesta ocasión 16 usuarios con discapacidade acudirán acompañados de 9 monitores ás instalacións do Hotel Troncoso en Sanxenxo, onde poderán gozar duns días de descanso e de actividades de lecer previamente consensuadas por todos os participantes.

O Respiro Familiar é unha iniciativa creada para axudar ás familias na súa atención ás persoas con discapacidade intelectual proporcionándolles un servizo que lles permite dispor de momentos de descanso, lecer e tempo libre. Grazas aos beneficios que achega este tipo de servizo, facilítase a permanencia na contorna familiar da persoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custo económico e social.

O Programa tamén prevé situacións de crise familiar ou persoal, favorece dinámicas familiares e de parella normalizadas, e evita o desarraigamento e deterioro das familias, favorecendo a integración no medio e a solidariedade cidadá para coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Todas aquelas familias interesadas en beneficiarse deste programa, poden contactar coa Federación chamando ao 981 51 96 50 ou ben informándose a través da nosa web www.fademga.org