Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A través do Boletín Oficial do Estado, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas acaba de publicar a lista de persoas admitidas e excluídas nas oposicións de emprego público para persoas con discapacidade intelectual na modalidade de Axudante de Xestión e Servizos Comúns (Ordenanza).

Estas oposicións convocáronse co fin de cubrir 70 prazas de persoal laboral fixo en organismos oficiais da Administración do Estado en toda España (salvo Cantabria) e están especialmente dirixidas a persoas con discapacidade intelectual (que teñen unha cota obrigada do 2% nas administracións públicas).

As listaxes publicadas agora no BOE aclaran cales son as persoas solicitantes que poderán facer o exame de oposicións, que se convoca para o día 11 de xuño de 2016, ás 11:00h no Edificio Príncipal da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid (Avenida Complutense s/n. Madrid)

Tanto as persoas excluídas como as omitidas que non aparezan nestas listas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles (contados a partir do seguinte ao da publicación no BOE) para emendar os defectos polos que non fosen admitidas ou fosen omitidas.

As alegacións que se presenten deberán dirixirse ao Director Xeral da Función Pública, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, cale María de Molina, núm. 50, 28071 Madrid.

Os aspirantes admitidos na proba do 11 de xuño deberán ir provistos de bolígrafo de tinta negra ou azul, e deberán presentar o seu documento nacional de identidade, permiso de condución, pasaporte ou calquera outro documento admisible en dereito que acredite a súa identidade. Como en anteriores convocatorias, Plena inclusión colaborou co ministerio para adaptar os temarios, solicitude, etc. A nosa Plataforma de Formación online facilita os temarios, exercicios, exemplos de exame, foros de noticias e dúbidas, etc. (entrando como "convidado"). O modelo e as instrucións de solicitude figuran nas ligazóns de inferiores.

Listaxe de persoas admitidas e excluídas nas oposicións (BOE, 29 de febreiro de 2016)
Plataforma de formación de Plena inclusión
Noticia cos temarios das oposicións