Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A recente publicación da norma ISO 9001 na súa edición de 2015 trae unha serie de cambios, tanto estruturais como de contido, que requiren coñecemento en profundidade para poder adaptar os sistemas de xestión de calidade actuais a nova edición.

Debido a isto, FADEMGA Plena inclusión Galicia pretende que as entidades federadas coñezan a nova norma e se preparen para mellorar os seus sistemas de xestión de calidade.

Por elo, informamos que terá lugar unha acción formativa nomeada CAMBIOS INTRODUCIDOS NA NORMA UNE EN ISO 9001:2015 na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia, o vindeiro xoves 17 de marzo en horario de 09.30h a 14.30h e de 16.00h a 18.00h.

Para realizar a vosa inscrición deberedes remitir cuberta a ficha de inscrición ANTES DO VENRES 11 DE MARZO dun dos seguintes xeitos:

- Por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- Por fax ao nº 981 519 651

O número de alumn@s máximo é de 12 prazas (por orde de inscrición) e a cota de inscrición é de 25 € por alumn@.

Para calquera dúbida,  podedes contactar no correo de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981519650

Neste enlace podes descargar a ficha técnica e ficha de inscrición do curso.