FADEMGA Plena inclusión Galicia lanza unha nova convocatoria do curso básico de directivos da Escola de Dirixentes FEAPS EN FORMA, un programa formativo destinado a "aprender a liderar" as organizacións do movemento asociativo.
O curso terá unha duración de 40 horas, e desenvolverase entre os meses de Abril e Xuño de 2016, constando de 5 sesións formativas que se impartirán en diferentes sábados.
Os destinatarios son os membros das Xuntas Directivas das entidades federadas e o curso está deseñado para que polo menos 2 ou 3 directivos dunha mesma entidade participen como alumnos.
Esta convocatoria estará aberta tamén aos Xerentes, que poderán asistir sempre que acudan acompañados de mínimo dous directivos da súa entidade. Podería chegar a incorporarse aspirantes a membros da Xunta Directiva (neste caso, asistirán como alumnos sempre que teñan unha representación minoritaria do total de alumnos).
Lembramos que este curso é un dos requisitos para o acceso ás etapas de Despregamento, Calidade e Excelencia do Sistema de Calidade Plena inclusión e a súa acreditación (na 2ª etapa de Calidade Plena inclusión se esixe que polo menos o 50% directivos da entidade estean formados).
O prazo de inscrición rematará o 18 de marzo de 2016.
Podedes atopar a ficha de inscrición e máis información no seguinte link: CONVOCATORIA FEAPS EN FORMA 2016
Para calquera dúbida ou cuestión sobre os cursos, os interesados deberán poñerse en contacto co responsable de formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.