Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Profesionas de FADEMGA Plena inclusión Galicia, participan na semana educativa “Poñer corazón nas mans” que organiza a Compañía de María en Santiago de Compostela entre o 22 e o 26 de febreiro.

Alumnos de primaria, infantil, E.S.O e bacharelato asistirán a estas charlas e obradoiros que se celebran cada ano co obxectivo de sensibilizar aos máis pequenos da importancia e riqueza da diversidade. Nesta ocasión, un grupo de persoas con discapacidade intelectual traballará cos alumnos máis pequenos na creación de varios muráis sobre os dereitos das persoas con discapacidade recollidos na Convención da ONU, e explicarán a importancia da integración e de valorar a cada persoa polas súas capacidades, de cara a formar adultos implicados na diversidade e na aceptación das diferenzas de xeito natural.

Na iniciativa educativa colaboran diversas entidades do Terceiro Sector, entre elas FADEMGA Plena inclusión Galicia (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia), ou a Asociación local de ASPAS.

 :: Unha iniciativa en proxección

Estas xornadas organizadas pola Compañía de María, xa foron seleccionadas o pasado ano como finalistas a nivel autonómico no Premio a la Acción Magistral organizado pola FAD (Fundación de axuda contra a drogodependencia) pola súa eficacia á hora de achegar a realidade de colectivos en risco de exclusión social aos xovenes, a través de charlas e actividades adaptadas á súa idade e nivel educativo.

Entre os obxectivos destas xornadas destaca o fomento de actitudes, valores e comportamentos de empatía, valorar o potencial de cada persoa, facerse conscientes da importancia do esforzo de superación e fomentar a colaboración, apoio e axuda mutua das persoas que nos rodean para o avance persoal e social.