As condutas desafiantes ou problemáticas son aquelas que poden implicar que a seguridade da persoa ou dos demais corra perigo ou limite as oportunidades de participación na comunidade.
O Grupo de traballo de trastornos e mentais e/ou alteracións de conduta, colaborou na realización desta guía co fin de dar coñecer a problemática entre profesionais e entidades.
As alteracións de conduta en persoas con discapacidade intelectual, protagonizan a nova guía editada por FADEMGA Plena inclusión Galicia, destinada a que os profesionais deste ámbito coñezan e podan identificar correctamente os diferentes problemas de conduta asociados á discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Habitualmente, este tipo de trastornos xeran dificultades e barreiras para que a persoa con discapacidade intelectual poda conseguir unha calidade de vida aceptable, por iso é necesario axudar ós profesionais a entender que son e a que poden respostar as conductas desafiantes e coñecer as ferramentas e estratexias que nos permitirán abordar esta situación .
A guía tamén pretende orientar ás familias e ás persoas da súa contorna, para que a intervención no domicilio sexa acorde ao traballo na entidade. O obxectivo fundamental da intervención non é reducir estas condutas, senon mellorar a calidade de vida das persoas.
O “Grupo de traballo de trastornos mentais e/ou alteracións de conduta” da federación colaborou na realización desta guía, despois de detectar a necesidade de homoxeneizar métodos de traballo entre profesionais que conviven diariamente con persoas con trastornos de conduta.