Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker


Xa podedes presentar as vosas Boas Prácticas ata o 31 de marzo

Plena inclusión dá un novo salto no desenvolvemento de boas prácticas co fin de captar tamén ideas innovadoras dende outros ámbitos da sociedade. Para iso, creouse un novo espazo en liña, o  Horto de ideas: onde calquera pode "plantar" a súa e vela crecer coas valoracións, achegas e desenvolvementos dos demais.

O horto das ideas (www.elhuertodeideas.org) é un lugar de encontro e desenvolvemento para quen teñan unha idea que compartir. Neste espazo online calquera persoa, organización, empresa, institución ou universidade poderá subir as súas ideas e experiencias para mellorar o benestar das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias. Unha vez subidas, estas ideas poderán crecer coa achega dos seus propios autores, e coas valoracións, contribucións e comentarios dos demais, xa que neste horto as ideas crecen regadas por todos.

Xunto a iso, tamén se recolllerán todas as experiencias que as organizacións de Plena inclusión envían tradicionalmente ás distintas edicións dos Encontros de Boas Prácticas. Antes do 31 de marzo, estas entidades terán a oportunidade de participar no próximo encontro, que se celebrará en Córdoba os días 13 e 14 de outubro de 2016. Para iso, unha vez plantadas no horto, deberán enviar as súas experiencias, que pasarán unha fase interna de valoración e "segundo sexa o seu nivel de desenvolvemento e puntuación", optarán a converterse en prácticas admirables.

O documento marco "Buenas ideas y Prácticas Admirables para la Plena inclusión" detalla o proceso a seguir para presentar unha Boa Práctica ou Idea Prometedora (concretamente na súa páxina 25)

Queres dar a coñecer á sociedade as túas ideas innovadoras?

Crees que podes compartilas e atréveste a que os demais as valoremos?

Se é así, se queres aprender, compartir, mellorar, e que estas ideas sexan coñecidas, cólgaas no noso horto.

É moi sinxelo, só tes que picar aquí e seguir os pasos que che vai indicando.

Anímate e participa!