Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 Estes horizontes xurdiron do Foro Consultivo da organización.
 
Plena inclusión acaba de facer públicos os 9 horizontes de futuro xurdidos nos debates e relatorios do Foro Consultivo celebrado pola nosa organización en 2015, no que participaron máis de 5.000 persoas do noso movemento asociativo.
 
Estes 9 horizontes foron aprobados pola Xunta Directiva de Plena inclusión o pasado 11 de decembro, servirán de base para realizar o próximo Plan Estratéxico do noso movemento. Para iso, o próximo fin de semana (22, 23 e 24 de xaneiro) celebraremos un encontro en Guadarrama (Madrid) ao que acudirán os dirixentes da nosa organización e persoas con discapacidade, familias, profesionais e persoas voluntarias das nosas federacións en toda España.
 
Na páxina web de Plena inclusión xa está publicado un documento que trata de explicar de forma facilitada estes 9 horizontes ou retos aos que nos enfrontamos nos próximos anos. En cada un destes horizontes facemos un resumo e explicamos cun vídeo de que trata.
Así mesmo, tamén se pode acceder a un documento máis amplo de cada un deles. O acceso ao documento está dispoñible en http://www.plenainclusion.org/horizontes