
Para abordar estes casos, ós que é dificil ofrecer unha resposta efectiva, FADEMGA Plena inclusión Galicia organizou novamente esta xornada que este ano acada a súa 5º edición co obxectivo de mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.
Para elo, a Sesión contou de novo co apoio e asesoramento do psiquiatra Ramón Novell, - profesional do Instituto para a Atención e Investigación na Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento de Barcelona (INARDI) – quen estivo acompañado de 50 profesionais procedentes de entidades da discapacidade intelectual de toda Galicia, da Facultade de Psicoloxía (que está a colaborar na avaliación dun dos casos que se presentarán na xornada) e do grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta de FADEMGA.
A Sesión contou tamén coa participación de profesionais da Fundación Pública de Medicina Xenética, con quen FADEMGA está a traballar nun Proxecto de xenética de discapacidade intelectual, no que o doutor Ángel Carracedo nos dou a oportunidade de participar.