
O presidente da Federación, Eladio Fernández Pérez, acompañado de Carmela González Lagarón (vocal de FADEMGA e membro da UDS de Familias) agradeceron aos asistentes a boa acollida deste proxecto, e afirmaron que “o futuro do movemento asociativo está nos irmáns e nas familias xóvenes”.
Este ano as protagonistas do Encontro foron as emocións, a influencia que estas teñen nas nosas vidas e a importancia da comunicación familiar. Para elo celebráronse varios relatorios como “Que son as emocións e como inflúen nas nosas vidas” a cargo de Alejandro Bello (experto en emocións do centro de terapias “estouche ben”) e “Un pequeno experimento emocional (a dinámica das emocións). Durante a tarde, os relatorios deron paso a obradoiros onde os irmáns debatiron sobre o seu papel na familia e no movemento asociativo, poñendo en común opinións e compartindo experiencias.
Ao finalizar o Encontro, tódolos asistentes fixáronse compromisos para cumplir durante o ano, como a constitución de novos grupos de irmáns nas entidades, a participar asiduamente nas reunións do Grupo de Irmáns da Federación ou aplicar as dinámicas aprendidas no Encontro na súa vida diaria.
Ser irmán dunha persoa con discapacidade intelectual, é unha circunstancia complexa na que afecto e responsabilidade van unidas. Por elo, os familiares das persoas con este tipo de discapacidade precisan información e vías de participación nas organización que os representan, co fin de manter e de fomentar unha estrutura de apoio mutuo.