Seguidamente, celebrouse unha reunión en cada unha das entidades, onde se analizou a documentación de cada asociación, co fin de explicar e ofrecer un asesoramento pormenorizado e personalizado a cada unha delas. O inicio deste programa está contando cunha boa acollida na nosa comunidade, e dúas entidades máis acaban de amosar o seu interese en unirse ao proxecto.
Actualmente xa forman parte da central de Compras de Galicia as entidades de Juan María (Nigrán), Aspadex (Cee), Bata (Vilagarcía), Amipa (Rois), Chamorro (Narón), Aspanaex (Vigo), Aspas (Santiago), Aspas Emprego (Santiago), Special Olympics Galicia (Santiago), Amicos (Ribeira), Juan XXIII (Pontevedra), Aspadisol (Oleiros) e a propia federación FADEMGA FEAPS GALICIA.
