Según un recente estudo publicado pola Confederación española de persoas con discapacidade intelectual (FEAPS) un 6,5% dos reclusos ten discapacidade intelectual ou enfermidade mental, o que supón unha prevalencia moi superior á do resto da poboación, e, destas persoas, sete de cada dez ingresa en prisión sen que se detectara de forma previa o seu problema.

Para facer fronte a esta realidade que se vive nos cárceres, FADEMGA FEAPS GALICIA ven de publicar un manual que se distribuirá nos centros penitenciarios galegos e que supón unha aproximación á discapacidade intelectual no ámbito penitenciario. O obxectivo desta publicación é ofrecer unha ferramenta para aqueles profesionais que desenvolven o seu traballo dentro dos centros penitenciarios, aportando información sobre a discapacidade intelectual e orientacións á hora de por en marcha posibles actuacións.
A través desta Guía faise un repaso polas implicacións da discapacidade intelectual, os seus tipos, causas e características así como as orientacións para un trato adecuado ao tempo que serve como axuda aos profesionais para que podan detectar entre a poboación reclusa posibles casos de discapacidade intelectual.
:: Programa de atención ás persoas reclusas e exreclusas
Dende o ano 2002, FADEMGA FEAPS GALICIA leva a cabo no ámbito galego o programa de “Atención Integral a Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento reclusas, ex reclusas e sometidas a medidas alternativas” a través do que se organizan diferentes iniciativas como charlas nos centros penitenciarios e obradoiros en diferentes asociacións galegas, co obxectivo de prever posibles situacións delituosas que podan conlevar penas, así como formar e informar aos usuarios dos centros sobre a complexidade do procedemento penal e os axentes que participan nel. Para rematar dita formación cabe destacar o relato dunha experiencia real por boca dunha beneficiaria do programa.
A realización deste programa é posible grazas á colaboración do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade grazas a aportación da casilla doutros fins de interese social que as persoas marcan na súa declaración da renda.