Novo curso: Sistemas alternativos de comunicación
Xa está en marcha unha nova edición do Curso "Sistemas alternativos de comunicación" destinado a profesionais que dan apoio a persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, e centrado en coñecer a importancia do uso dos Sistemas Aumentativos de Comunicación (SSAAC) nas persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e saber cales se axustan máis ás necesidades de cada unha.
Aberta unha nova convocatoria da bolsa de persoas auditoras de FADEMGA Plena inclusión Galicia
A bolsa de persoas auditoras... que é?
A bolsa de persoas auditoras é unha rede de contactos de auditores e auditoras internas de calidade das entidades federadas. Inscribíndose, as persoas auditoras póñense a disposición para auditar internamente a outra entidade e solicitar que alguén da bolsa lles realice a auditoría interna.
Novo curso "Intervención, emprendemento feminino e plans de igualdade en entidades de atención a persoas con discapacidade intelectual"
A patronal AEDIGAL continúa coas formacións en igualdade froito do Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
O Centro Penitenciario de A Lama e FADEMGA Plena inclusión Galicia colaboramos na adaptación de contidos a lectura fácil
Co obxectivo de fomentar unha maior comprensión da contorna dentro do cárcere, FADEMGA Plena inclusión Galicia e o Centro Penitenciario da Lama estivemos a colaborar na adaptación a lectura fácil da información relativa ao funcionamento do Programa PAIEM, que se leva a cabo Módulo 5 do cárcere; un espazo que ten como obxectivo a reinserción das persoas con problemas de saúde mental e das persoas con discapacidade intelectual e que contén plans individualizados de rehabilitación, onde se recolle información sobre cada persoa, como por exemplo, como se relaciona cos compañeiros ou como xestiona as emocións.
Como fomentar a creación de novos grupos de irmáns nas entidades? Algúns apuntes.
Despois do Encontro celebrado en Santiago o pasado mes de novembro, quixemos reflexionar sobre como poderíamos xerar novos espazos de participación nas entidades e animar aos irmás e irmáns a formar parte do día a día das súas asociacións.
Ler máis: Como fomentar a creación de novos grupos de irmáns nas entidades? Algúns apuntes.
Novo curso "Enfoque centrado na persoa"
Ofrecer bos apoios e xerar oportunidades de calidade para as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias require planificar unha serie de estratexias, basadas en valores e no empoderamento de cada persoa, co fin de axudala a construir o seu propio proxecto de vida.
FADEMGA celebra os bos resultados obtidos nas oposicións do SERGAS reservadas a persoas con discapacidade intelectual
O Servizo Galego de Saúde ven de publicar este mércores a listaxe de puntuacións provisionais da fase concurso para as prazas correspondentes aos postos de pinche de cociña e de técnico/a de farmacia, en ambos casos con grandes resultados para as persoas aspirantes que estiveron a prepararse a través de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Dúbidas no eido legal? Volve o servizo xurídico da Federación!
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos un ano máis co noso Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como a adopción de medidas de apoio á capacidade xurídica (a denominada anteriormente como tutela), a elaboración do testamento, ou o patrimonio protexido. Un recurso se cabe máis necesario durante o 2023, despois da entrada en vigor da reforma civil e procesal en materia de discapacidade.
Ler máis: Dúbidas no eido legal? Volve o servizo xurídico da Federación!
Galicia acolle a presentación do novo modelo de Calidade Plena
O responsable da Rede Nacional de Calidade Plena, Santos Hernández, participou este martes na posta de largo en Galicia do novo Modelo de Calidade Plena, chamado a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, pero tamén a mellorar a calidade na xestión das nosas organizacións.
Ler máis: Galicia acolle a presentación do novo modelo de Calidade Plena
Presentación do Modelo e Sistema de Calidade Plena
Despois da súa presentación oficial o pasado mes de outubro, o novo sistema de "Calidade Plena" celebra a súa posta de largo en Galicia, coa xornada que terá lugar o vindeiro 20 de decembro no Hotel Oca - Porta do Camiño de Santiago de Compostela.
Ler máis: Presentación do Modelo e Sistema de Calidade Plena
Taller formativo sobre intelixencia, coidados, comunicación e xestión emocional
O vindeiro 19 de decembro, celebraremos en Vigo un novo taller centrado na intelixencia, nos coidados, na comunicación e na xestión emocional, destinado a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.
Ler máis: Taller formativo sobre intelixencia, coidados, comunicación e xestión emocional
La creación de comunidades inclusivas y entornos facilitadores protagoniza el Encuentro Estatal de Hermanos/as y Cuñados/as
Hermanos/as y cuñados/as de personas con discapacidad intelectual, se han reunido este fin de semana en Santiago para celebrar su Encuentro Estatal. A la cita, desarrollada en la Hospedería de San Martín Pinario (Santiago de Compostela), asistieron cerca de un centenar de representantes de 43 asociaciones procedentes de 12 comunidades autónomas.
Máis de 100 persoas autoxestoras de toda Galicia celebran o seu 20º Encontro Autonómico
Máis de 100 persoas autoxestoras de toda Galicia reuníronse este venres en Lalín durante o seu 20º Encontro Autonómico, co fin de defender e visibilizar ás persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento, así como para formarse sobre aqueles aspectos relacionados co colectivo.
Ler máis: Máis de 100 persoas autoxestoras de toda Galicia celebran o seu 20º Encontro Autonómico
Novo curso: "Igualdade e corresponsabilidade nos procesos de traballo en entidades"
Como continuación da colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e AEDIGAL estase a organizar a formación "Igualdade e corresponsabilidade nos procesos de traballo en entidades de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento de Galicia" . Trátase do segundo curso dun conxunto de cinco formacións sobre igualdade que terán lugar nos vindeiros meses.
Ler máis: Novo curso: "Igualdade e corresponsabilidade nos procesos de traballo en entidades"
16 Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental
O vindeiro 25 de novembro a Facultade de Psicoloxía da USC en Santiago de Compostela acollerá a 16 edición do Seminario de discapacidade intelectual e saúde mental, que cada ano reúne a profesionais de toda Galicia coa finalidade de difundir os avances e desafíos no ámbito da discapacidade, ao tempo que proporcionamos un foro de encontro e discusión aberto a profesionais, voluntarios e estudantes que se están formando, traballan ou prestan apoios no ámbito da discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.
Ler máis: 16 Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental
Participamos na presentación do novo modelo de Calidade Plena celebrado en Bilbao
A Confederación Plena inclusión presentou hoxe en Bilbao o seu novo sistema de “Calidade Plena”, que afecta ás 950 entidades que compoñen o movemento asociativo e que tamén se ofrece a outras organizacións de España (e mesmo a outros países) para a mellora do seu traballo e a súa sustentabilidade.
Ler máis: Participamos na presentación do novo modelo de Calidade Plena celebrado en Bilbao
Nova formación: Coidados do corpo feminino
O programa de atención a mulleres con discapacidade intelectual,
oferta unha nova formación de coidados do corpo feminino.
A Xunta e FADEMGA Plena inclusión Galicia inician unha serie de reunións de cara a desatascar o Concerto Social
Despois do comunicado enviado este martes para dar a coñecer o incumprimento do prazo no que debía poñerse en marcha o Concerto Social, a Xunta de Galicia recibiu aos representantes da federación para intentar desatascar esta situación que mantiña paralizada a posta en marcha do Concerto, convocándonos a unha nova reunión que terá lugar o 28 de outubro.
FADEMGA Plena inclusión Galicia anuncia mobilizacións fronte á paralización do Concerto Social
Despois de varios anos de traballo man a man coa Consellería de Política Social co fin de desenvolver o Concerto Social, dende a Federación vémonos na obriga de denunciar o grave incumprimento do prazo máximo para a súa execución. Tal e como se especificaba no Decreto 229/2020 do 17 de decembro polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, contábase cun prazo máximo de 18 meses para poñer en marcha este novo concerto social; un prazo vencido xa dende o pasado 28 de xullo de 2022.
CES Galicia, Unión de Consumidores e FADEMGA reúnense para avaliar os danos colateráis da Lei 8/2021
A Federación ven de reunirse esta mañá co Consello Económico e Social de Galicia (CES Galicia) e coa Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) co fin de valorar os efectos colateráis que está a producir a aplicación da Lei 8/2021 do 2 de xuño, pola cal se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.
Xunta e FADEMGA Plena inclusión Galicia continúan a unir esforzos para garantir a accesibilidade cognitiva no ámbito xurídico
No ano 2019, A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e FADEMGA Plena inclusión Galicia (Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento) iniciábamos un proxecto pioneiro na nosa comunidade, co fin de facilitar ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento a comprensión daquelas informacións de carácter xurídico así como dos procesos xudiciais e o seu resultado.
Encontro estatal de irmás, irmáns, cuñados e cuñadas de persoas con discapacidad intelectual ou do desenvolvemento
Os vindeiros 18, 19 e 20 de novembro Santiago de Compostela acolle o Encontro estatal de irmás, irmáns, cuñados e cuñadas de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
Organizado por Plena inclusión e FADEMGA Plena inclusión Galicia, o encontro será un espazo para pensar e reflexionar sobre o tipo de comunidades e de formas de convivencia que queremos no futuro próximo, ao tempo que visibilizamos o importante papel dos irmáns/ás e cuñados/as nas familias, nas entidades, no movemento asociativo e na sociedade.
A patronal AEDIGAL reivindica o beneficio dos Centros Especiais de Emprego así como a inclusión de cláusulas sociais no eido dos procesos de contratación pública
A asociación empresarial para a discapacidade intelectual e do desenvolvemento de Galicia, AEDIGAL, organizou esta mañá a súa primeira xornada formativa co obxectivo de reivindicar a necesidade de incluir cláusulas sociais nos procesos de contratación pública así como para destacar o valor engadido que os Centros Especiais de Emprego poden aportar a empresas, institucións e organismos.
5ª Convivencia formativa de irmáns e cuñados/as
Como cada ano por estas datas, chega unha nova edición da nosa Convivencia Formativa de irmáns e irmás, cuñados e cuñadas de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
Como ben sabedes, este ano celébrase un importante acontecemento en Galicia: o encontro de irmáns e cuñados estatal, e por este motivo a nosa xornada de convivencia xirará en torno a este magno evento!
Xornada "Contratación pública estratéxica e análise da eficiencia dos Centros Especiais de Emprego"
AEDIGAL, Asociación empresarial para a discapacidade intelectual e do desenvolvemento pon en marcha a primeira "Xornada sobre contratación pública estratéxica e análise da eficiencia dos centros especiais de emprego de Galicia", que terá lugar o vindeiro 5 de outubro na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela).
Novo obradoiro en liña "Condutas que nos preocupan"
Cando detectamos unha conduta que nos preocupa queremos eliminala e reducila rápidamente, pero para ter garantías de éxito é necesario recoller ben a información e saber observar. Se non somos capaces de facelo, estaremos fallando na primeira fase de búsqueda de solucións.
Ler máis: Novo obradoiro en liña "Condutas que nos preocupan"
Programa Integrado de Emprego: nova porta de acceso ao mercado laboral para as persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento
131 persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento das 4 provincias galegas, participan este ano no Programa Integrado de Emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia, unha iniciativa que está en marcha dende o pasado mes de abril e cuxo obxectivo é favorecer e mellorar as condicións de traballo das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento na nosa comunidade, mellorando as súas habilidades e coñecementos ao tempo que tamén atendemos ás necesidades das empresas empregadoras.
Nova xornada "Tempo para coidarnos: un dereito, non un privilexio"
Dende marzo de 2020, cando se declara a situación de estado de alarma pola COVID-19, enfrentámonos a situacións sen precedentes. A pesar de que as consecuencias da pandemia son xerais, son as persoas que se atopan nunha posición máis vulnerable as que se están a ver máis afectadas. Este é o caso das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e as súas familias.
Ler máis: Nova xornada "Tempo para coidarnos: un dereito, non un privilexio"
Curso "Empoderando persoas: rol de apoio"
Outra das novas actividades formativas que nos trae setembro será "Empoderando persoas: rol de apoio", destinada a coñecer diferentes claves de traballo en contornas comunitarias así como a entender as implicacións da participación e como promovela tanto nas nosas organizacións como na comunidade.
Curso "Saúde mental e benestar emocional"
Ter unha visión global do apoio ás persoas con discapacidad intelectual e do desenvolvemento que teñen problemas de saúde mental é esencial para poder darlles os apoios axeitados no seu día a día. Se este apoio o prestamos a través dun enfoque bio-psico-social baseado na persoalización, as posibilidades de éxito serán maiores.
1ª Xornada de Formación do Voluntariado
Co fin de dar resposta ás necesidades de formación do voluntariado que apoia a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, estamos a argallar unha nova xornada formativa que se desenvolverá os días 1 e 8 de outubro e na que abordaremos aspectos relacionados co empoderamento do voluntariado, coas habilidades de comunicación no desenvolvemento da súa acción e coa intervención con persoas con grandes necesidades de apoio.
Xornada de presentación "Proxecto Raíces"
Ao longo de todo este ano estivemos a poñer en marcha un novo proxecto co fin de reflexionar e afrontar xuntos os novos retos que conleva o envellecemento das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Convocatoria de formación prelaboral 2022
Co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como para facilitar o seu acceso ao mercado laboral, abrimos a "Convocatoria de formación prelaboral 2022" que ademáis dos cursos básicos de formación, inclúe obradoiros específicos para a elaboración do curriculum vitae, aprender a abordar entrevistas de traballo, resolución de conflitos, brigadas de busca de emprego, manexo do euro ou habilidades comunicativas entre outros.
Participa no terceiro encontro de mulleres
Este ano celebramos o terceiro encontro de mulleres,
un retiro para coñecernos mellor a nós mesmas
e saber coidar o noso interior.
Función Pública e FADEMGA Plena inclusión Galicia renovan o seu convenio de colaboración
Este luns a Xunta de Galicia acolleu o acto da sinatura mediante a cal se renova o Convenio entre Función Pública e a Federación, co fin de dar continuidade á estreita colaboración entre ambos organismos no eido da inclusión laboral do colectivo.
Ler máis: Función Pública e FADEMGA Plena inclusión Galicia renovan o seu convenio de colaboración
Xornada "A muller na historia de Santiago de Compostela"
Esta actividade é unha visita por rúas e prazas
de Santiago de Compostela.
Nesta visita descubriremos o papel das mulleres
na historia da cidade de Santiago.
Ler máis: Xornada "A muller na historia de Santiago de Compostela"
30 persoas con discapacidade intelectual de Galicia participan nun proxecto de emprego personalizado
502 persoas con discapacidade intelectual participan nun estudo de emprego personalizado en toda España, das cales 30 son persoas de Galicia que recibirán apoios no marco desta metodoloxía.
Queres traballar no noso servizo de Respiro Familiar?
Estamos a buscar a profesionais que presten apoio nas quendas de Respiro Familiar que organizamos na federación.
Ler máis: Queres traballar no noso servizo de Respiro Familiar?
A Valedora do Pobo convoca dúas bolsas de formación práctica
A Valedora do Pobo convocou no mes de xuño
dúas bolsas de formación
para persoas con discapacidade intelectual
Ler máis: A Valedora do Pobo convoca dúas bolsas de formación práctica
Volve o "Encontro autonómico de persoas autoxestoras"!
Boas novas!
Despois do parón forzoso ao que nos vimos obrigados por mor da pandemia, por fin podemos decir que... volve o "Encontro autonómico de persoas autoxestoras"!! E faino ademáis celebrando a súa vixésima edición!
Ler máis: Volve o "Encontro autonómico de persoas autoxestoras"!
Coñece a nosa "Rede de asesoramento en conduta"
Asesorar, fortalecer e colaborar con organizacións ou familias ante situacións condutuais de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de difícil manexo, é o principal obxectivo da nosa "Rede de asesoramento en conduta", á cal xa podes solicitar axuda dende hoxe mesmo.
Obradoiro de comunicación "Comparte e expresa!"
O obradoiro "Comparte e expresa!" nace coa intención de aprender a identificar tanto as fortalezas da nosa comunicación como aqueles aspectos que debemos mellorar.
"Violencia de xénero e discapacidade", participa nesta conferencia a cargo de Marina Marroquí
O Programa de Muller da Federación está a organizar unha nova conferencia centrada na violencia de xénero e a discapacidade. Marina Marroquí, educadora social e especialista en violencia de xénero, será a responsable de impartir esta charla que terá lugar en modalidade telemática o vindeiro 14 de xuño ás 11:00 horas.
Novo curso: "Formación en auditorías internas"
Co obxectivo de adquirir os coñecementos necesarios para a planificación e realización de auditorías da calidade, poñemos en marcha esta unha nova xornada formativa orientada a profesionais das entidades federadas.
Participamos no Congreso "Gañamos en Comunidade"
Despois dun longo proceso de participación colectiva, esta semana Valencia acolle o Congreso de Plena inclusión, un evento que se celebra aproximadamente cada 5 anos e que nesta ocasión reúne a 300 asistentes que achegarán o seu punto de vista sobre tres bloques temáticos que engloban as principais metas que quedan por alcanzar nos próximos anos.
Obradoiro "Produtos de apoio para unha vida activa"
O vindeiro 20 de xuño o salón de actos de FADEMGA acollerá o obradoiro sobre "Produtos de apoio para unha vida activa", dirixido especialmente a familias, profesionais e voluntarios que apoian a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Ler máis: Obradoiro "Produtos de apoio para unha vida activa"
"Enredadas" novo obradoiro destinado a previr a violencia de xénero e sexual na contorna dixital
Presentámosche o novo obradoiro que temos en marcha: "Enredadas", enmarcado no noso programa de Muller, trátase dunha iniciativa destinada a mulleres con discapacidade intelectual que ten como obxectivo coñecer en profundidade o funcionamento e uso da redes sociais, os principais riscos que podemos atopar facendo uso de internet ou como promover unha identidade dixital positiva.
15 de maio: Día internacional da familia
O próximo domingo día 15 de maio é o Día Internacional da Familia. Con motivo desta celebración, dende o movemento asociativo de Plena inclusión queremos animar a todas as familias a participar nunha acción de visibilización nas redes sociais.
AEDIGAL e FADEMGA Plena inclusión Galicia participan na definición da “Axenda Galega de Capacidades”
Co obxectivo de avanzar no eido da formación para o emprego, a patronal AEDIGAL e FADEMGA Plena inclusión Galicia están a participar na configuración da “Axenda Galega de Capacidades”, como representantes do colectivo de persoas con discapacidade intelectual así como axentes da economía social na nosa comunidade.
"Mulleres exploradoras" : xornadas sobre sexualidade que derruban tabúes
Durante moito tempo a sexualidade da persoa con discapacidade intelectual foi un tema tabú, do que non se falaba e mesmo parecera que non existise, unha problemática maior se cabe no caso das mulleres.
Ler máis: "Mulleres exploradoras" : xornadas sobre sexualidade que derruban tabúes