Xornada de atención á saúde mental en persoas con discapacidade intelectual

Organizada polo SERGAS en colaboración con FADEMGA Plena inclusión Galicia

Datos Xerais:

Categoría: Xornada

Docente: Varios

Prezo: De balde

Dirixido a: Profesionais do ámbito sanitario

Presencial: si

Lectura fácil: non

Cando: 24 de maio

Enlace do curso: https://forms.office.com/e/EpkMYSSZSu

Descrición

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos a colaborar co SERGAS na organización da “Xornada de atención á saúde mental en persoas con discapacidade intelectual”.

Esta actividade terá lugar o vindeiro 24 de maio no salón de actos da Consellería de Sanidade (San Lázaro, Santiago de Compostela) en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Contamos cun número limitado de invitacións para participar como oíntes (o que non daría dereito a título acreditativo), pero sen dúbida, é una oportunidade moi interesante de escoitar a profesionais do sector como Ramón Novell (Xefe do Servizo de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental do Institut de Assistència Sanitària de Girona) ou Alexandre García Caballero (coordinador de Saúde Mental do Sergas).

Estas prazas dispoñibles estarían dirixidas a profesionais de entidades federadas e non federadas, sendo a prioridade a seguinte:

• Profesionais de entidades federadas.

• Profesionais de entidades ou centros non federados que colaboran en grupos da federación.

• Profesionais de entidades de atención a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento non federadas.

Podedes cursar a vosa inscrición na ligazón do curso

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de maio. 

Finalizado o prazo confirmaremos a praza dende FADEMGA vía mail.

Se desexa máis información pode chamar ao 981 51 96 50 ou enviar un email a areasocial@fademga.org
 

Xornada de atención á saúde mental en persoas con discapacidade intelectual

Documentos

Programa da xornada