Obradoiros de apoio ao voto

Eleccións europeas 2024

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Docente: Varios

Dirixido a: Persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

Presencial: si

Lectura fácil: si

Cando: Entre o 13 e o 31 de maio

Descrición

Novas eleccións... novos obradoiros de voto!

O vindeiro 9 de xuño temos unha nova cita coas urnas,

neste caso para elixir as persoas

que queremos que nos representen no Parlamento Europeo.

 

As persoas do Parlamento Europeo

aproban leis que nos afectan a todas as persoas

que formamos parte de Europa.

 

Na documentación que achegamos podedes consultar

toda a información sobre os obradoiros e como solicitalos.

 

Ademais, achegamos a ficha de inscrición que,

no caso de estar interesados/as,

deberedes remitir cuberta e asinada a areasocial@fademga.org,

tendo de prazo para facelo ata o 3 de maio.

Contamos convosco!

#OTeuVotoConta