COÑÉCENOS

Listen to this page using ReadSpeaker

FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Na actualidade contamos con 41 entidades galegas federadas e prestamos servizo a máis de 8.000 persoas con discapacidade intelectual entre aquelas que reciben apoio nas nosas entidades e as que se benefician de servizos a través da propia federación. 

A Federación presta estes servizos de atención directa ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias, co fin de facilitarlles a axuda e as ferramentas que precisan para mellorar aqueles aspectos nos que poden ter carencias ou máis necesidades de apoio.

Nalgúns casos estes apoios proporciónanse de xeito individualizado, mentres que noutros os apoios proporciónanse a un grupo de persoas con características e necesidades similares e en espazos comúns. Ademais, intentamos cubrir aquelas parcelas nas que algunhas entidades, por escaseza de recursos, resúltalles complicado intervir.

Coa execución dos programas promovemos que as entidades dinamicen e traballen novos eidos que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

:: AS ÁREAS DA FEDERACIÓN

A Federación está integrada por diferentes áreas como son a área de apoio administrativo, Apoio Social, Apoios para o emprego, Apoios para as familiasCalidade, Ocio, Comunicación Formación, todo elo co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. 

Con máis de 7.000 persoas sociasFADEMGA Plena inclusión Galicia conta cunha rede de centros ubicados polas catro provincias galegas, nos que traballan un total de 1.700 profesionais que contan co apoio de preto de 400 persoas voluntarias.

A nivel estatal, somos membros da Confederación Plena inclusión, que integra a un total de 19 Federacións de toda España.

 

VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

Fademga Plena inclusión Galicia é unha federación.

Unha federación é un grupo de asociacións

que teñen os mesmos intereses. 

Fademga está formada por 41 asociacións

e tamén somos parte da Confederación Plena inclusión

 

Fademga ofrece as súas entidades varios servizos

para apoiar ás persoas con discapacidade intelectual 

e ás súas familias. 

 

Estos servizos son: 

Apoio administrativo

Área social

Apoios para o emprego

Apoios para as familias

Calidade

Ocio

Comunicación 

Formación

Se pinchas sobre cada servizo

podes atopar máis información.