Axudas

Nome Convoca Estado Descripción Área De Actuación Carácter Axuda Ano

Apoio mulleres en situación de violencia de xénero

Aberta

Estas Bases do Concello de Vigo teñen por obxecto fixar os criterios e regulamentar o procedemento aplicable para o outorgamento de axudas económicas directas de carácter non periódico para mulleres en situación de violencia de xénero para o ano 2024.

Muller

Local

2024

Programas de promoción das mulleres

Aberta

O Concello de Vigo, a través do seu Servizo de Igualdade, convoca subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades encamiñadas ao fomento e á consolidación do asociacionismo feminino, á promoción da muller en todos os ámbitos da vida pública e privada así como á prevención e combate da violencia de xénero, que leven a cabo as entidades sen ánimo de lucro entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024 (ambos incluídos).

Muller

Local

2024

Accións no eido da educación

Aberta

A presente convocatoria regula a concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que, no eido da educación e todas as súas facetas, promovan as asociacións e entidades sen fin de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello do Porriño, dirixidas á poboación en idade escolar e de aplicación para o presente curso escolar 2023-2024.

Educación

Local

2024

Plan Corresponsables - Consellería de emprego

Pechada

Resolución do 9 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa operativo FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024.

Muller

Autonómica

2024

Axudas a centros especiais de emprego (CEE)

Pechada

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras das subvencións aos centros especiais de emprego establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas: a) Programa I: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego. b) Programa II: axudas á creación de postos de traballo estables.

Emprego

Autonómica

2024

Bono consolida economía social

Pechada

Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

Transformación e innovación

Autonómica

2024

Probas para a obtención dos certificados CELGA

Pechada

Convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1,2, 3 e 4, no ano 2024.

Emprego

Autonómica

2024

Programa de mellora da accesibilidade

Pechada

Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2024 as axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas, con carácter plurianual, que se tramitarán co código de procedemento VI435B. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Accesibilidade

Autonómica

2024

Campamentos verán para persoas con discapacidade

Pechada

A Consellería de Política Social e Xuventude ofrece os Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade - 2024, dirixidos a aquelas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cunha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial. O prazo para enviar solicitudes estará aberto do 17 ao 30 de abril.

Social

Autonómica

2024

Subvencións para actuacións no ámbito social

Pechada

A finalidade deste procedemento e subvencionar as actividades e os proxectos de índole social que se desenvolvan na provincia de Pontevedra durante o presente exercicio dirixidos a colectivos que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.

Proxectos

Provincial

2024

Proxectos de entidades sen ánimo de lucro

Pechada

A Deputación Provincial de Ourense convoca subvencións para proxectos de asociacións e fundacións sen ánimo de lucro para a atención a persoas con enfermidades crónicas e persoas con discapacidades para o ano 2024, con prazo de presentación de solicitudes desde o 17 de abril ata o 16 de maio.

Proxectos

Provincial

2024

Convocatoria Proxectos ONG - Fundación Pelayo

Pechada

Dende a Fundación Pelayo colaboran anualmente con diferentes ONG e Asociacións, apoiando o seu labor social e axudando no desenvolvemento dos seus proxectos, co obxectivo de promover o voluntariado, a acción social, a axuda humanitaria nacional e internacional, así como a promoción e atención a persoas en risco de exclusión por razóns físicas, sociais ou culturais.

Proxectos

Nacional

2024

Fundación Ibercaja - Axudas a proxectos sociais

Pechada

O obxectivo é atender a diversos colectivos que se atopan en risco de exclusión social ou ben en situación de dependencia social, física ou psíquica. Así, respondemos as necesidades da sociedade, incorporando aspectos de empregabilidade, educación e acción social, encamiñados ao desenvolvemento das persoas en todo o territorio nacional.

Proxectos

Nacional

2024

Axudas a entidades deportivas sen ánimo de lucro

Pechada

O obxecto destas subvencións do Concello de Vigo é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade durante a tempada deportiva 2023/2024 ou durante o ano 2024 nas modalidades cuxa tempada deportiva se corresponda co ano natural.

Deporte

Local

2024

Primeiro Páxina 2 de 2