Listen to this page using ReadSpeaker

Actualmente, a oferta formativa para persoas con discapacidade intelectual é moi escasa, por elo dende a federación traballamos na implantación e no fomento de accións formativas que faciliten o acceso ao emprego do noso colectivo.
 
O noso obxectivo final é formar ás persoas con discapacidade intelectual para mellorar a súa capacitación, co fin de poder acceder e manter un posto de traballo.
 
Con este servizo preténdese dar resposta ás necesidades formativas das persoas con discapacidade intelectual de entidades federadas e non federadas, co fin de facilitar e potenciar a súa integración no mercado laboral a través de accións encamiñadas a mellorar as súas habilidades sociais, competencias educativas, ocupacionais e profesionais.
 
Qué ofrecemos a través do Servizo de formación para o emprego?
 
• Coordinación e impartición de formación prelaboral.
 
• Coordinación de accións de formación ocupacional.
 
• Coordinación de accións de formación continua.
 
• Coordinación de accións complementarias e de acompañamento a formación.
 
• Fomento da participación por parte das entidades federadas en accións de formación ocupacional e continua.
 
 
MODALIDADES
 
1. Formación prelaboral: formación destinada a proporcionar coñecementos e habilidades xerais vinculadas coa busca e mantemento do traballo para todas as ocupacións, con obxecto de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual. 
Os cursos e obradoiros están adaptados en todo momento ás necesidades e capacidade do alumnado, empregándose unha didáctica na que se intercalan clases maxistrais con prácticas (exposicións, realización de exercicios, casos prácticos...)
 
2. Formación en competencias clave: o obxectivo xeral da formación en competencias clave é conseguir que o maior número de usuarios acade a certificación nas materias de lingua galega, lingua española e matemáticas. Este tipo de formación permite mellorar as capacidades dos alumnos, así como optar a grados de formación ocupacional.
 
3. Formación ocupacional: a formación ocupacional é unha formación dirixida a que as persoas con discapacidade intelectual adquiran cualificacións profesionais vinculadas a ocupacións concretas, intentando adecuar a cualificación profesional das persoas que queren incorporarse ó mercado laboral ou que intentan manterse nel, ás demandas que o propio mercado esixe.
 
 
PREPARACIÓN DE OPOSICIÓNS
 

FADEMGA Plena inclusión Galicia oferta clases de preparación a grupos de persoas con discapacidade intelectual que aspiran a obter unha praza de emprego público na Administración Xeral do Estado e na Administración Autonómica. A Federación ofrece formación onde se facilitan os temarios adaptados a lectura fácil, así como diferentes exercicios, resolución de dúbidas e documentación relacionada.

Se estás interesado/a en comezar a preparar unhas oposicións, contacta connosco!

Chama ao 981 51 96 50 ou escribe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.