Xa podes solicitar a túa praza no Servizo de Respiro Familiar

Porque desconectar e dedicarte tempo, tamén é coidar dos teus.

Xa podes solicitar a túa praza no Servizo de Respiro Familiar

Atención familias!

A convocatoria para participar no servizo de respiro familiar

xa está aberta.

 

O servizo de respiro familiar

permite que os coidadores das persoas con discapacidade intelectual

podan ter un descanso durante varios días

 

Que ofrece o servizo de respiro familiar de FADEMGA

e cales son as súas vantaxes?

 

- Apoio especializado:

O noso equipo de profesionais está listo para prestar o apoio necesario

aos membros da familia con discapacidade,

garantindo o seu benestar e seguridade durante todo o tempo de respiro.

 

- Descanso para os coidadores:

Recoñecemos o esforzo e dedicación dos coidadores familiares.

Dámoslles a oportunidade de tomarse un descanso

para recargar enerxías, reducir o estrés

e atender outras necesidades persoais.

 

- Actividades enriquecedoras:

As persoas con discapacidade intelectual

poden participar en actividades enriquecedoras e divertidas

deseñadas para fomentar a súa inclusión social.

 

Confianza e tranquilidade:

En FADEMGA, a seguridade e o benestar das persoas usuarias

é a nosa prioridade.

Os coidadores familiares poden confiar no noso equipo profesional

e sentirse tranquilos sabendo que os seus seres queridos

están en boas mans.

 

Nas seguintes ligazóns podedes descargar: 

- O programa completo do servizo.

- Calendario de respiros para 2024. 

 

Para participar no servizo de respiro

tes que enviarnos o teu interese

a familias@fademga.org

coa seguinte documentación cuberta e asinada: 

- Autorización de estancias grupais. 

- Formulario de solicitude de estancias grupais. 

- Ficha de coñecemento persoal.

- Ficha de medicación. 

 

Porque desconectar e dedicarte tempo

tamén é coidar dos teus. 

Fai un comentario