Plena inclusión fomentará a accesibilidade das eleccións europeas: sinalización, manuais de mesa e outras medidas
Instalaranse 44.133 carteis en todas as capitais de comunidades autónomas, entre elas Santiago de Compostela, para facer máis fáciles de entender os colexios e locais electorais
FADEMGA Plena inclusión Galicia
21-05-2024O vindeiro domingo 9 de xuño
hai eleccións europeas.
Todas as persoas maiores de 18 anos
teñen dereito a votar.
Incluídas as persoas con discapacidade.
Hai varias medidas para que as eleccións
sexan máis accesibles e fáciles de entender:
- Carteis nos colexios electorais.
- Manuais de mesa en lectura fácil.
- Consellos de accesibilidade.
- Agora explicamos cada medida.
Carteis
Poñeranse máis de 44 mil carteis
nos colexios e locais electorais
de moitas cidades españolas.
Por exemplo: Santiago de Compostela ou Madrid.
Estes carteis fan máis fácil de entender
como participar nas eleccións
se vas votar a un colexio electoral.
Explican por exemplo:
- O horario para votar.
- Como usar a cabina electoral.
- Moitas persoas participaron
en comprobar que estes carteis
son fáciles de ver e entender.
Manuais de mesa
As persoas con discapacidade
tamén poden ser chamadas
para estar nas mesas electorais.
Un manual de mesa explica
que tarefas tes que facer
se debese encargarche dunha mesa electoral.
Os manuais de mesa están en lectura fácil,
así son máis fáciles de entender.
Podes descargar o manual
en 5 idiomas:
- Galego.
- Catalán.
- Eúscaro.
- Valenciano
- Castelán.
Quen fixo este traballo?
Plena inclusión traballa desde hai 12 anos
para que se cumpra o dereito ao voto
das persoas con discapacidade
intelectual e do desenvolvemento.
A este traballo chamámoslle «O meu voto conta».
Desde 2019, colaboramos
co Ministerio do Interior
para facer posible todo este traballo.
O Ministerio do Interior é o encargado
de organizar as eleccións.
Queres máis información?
- Descarga aquí carteis e consellos.
- Descarga aquí manuais de mesa
- Accede aquí a web do Ministerio do interior para as eleccións europeas.
- Consulta a campaña O Meu Voto Conta