O Encontro Autonómico de Familias de persoas con discapacidade intelectual abordou a importancia dos apoios e a participación
O lema deste ano foi "a familia no centro"

FADEMGA Plena inclusión Galicia
16-11-2024Este sábado FADEMGA Plena inclusión Galicia
celebrou o seu Encontro Autonómico de Familias,
unha xornada dedicada a promover o apoio,
a participación e o intercambio de experiencias
entre familias de persoas con discapacidade intelectual.
Na inauguración participou a directora xeral de Discapacidade,
Begoña Abeijón,
así como Carmen Pomar, do PP de Galicia
e Ariadna Fernández do BNG.
Todas elas estiveron acompañadas polo presidente de FADEMGA
Eladio Fernández.
Durante a súa intervención a directora xeral de discapacidade
destacou que para as administracións é moi importante
contar co apoio das entidades e das familias.
Pola súa banda, o presidente da Federación,
falou da importancia de promover unha maior participación
no seo das entidades e da propia Federación
AMPLA REPRESENTACIÓN DE ENTIDADES GALEGAS
Este encontro reuniu a preto de 100 persoas
pertencentes a 19 entidades galegas de discapacidade intelectual,
ademais da Fundación Gil Gayarre, de Plena inclusión Madrid
que participou como relatora falando os tipos de apoio
que se poden ofrecer dende o enfoque centrado na familia.
O Encontro Autonómico de Familias
busca poñer ás familias no centro,
e facer visibles as súas necesidades.