Celebramos a semana do libro coa presentación da nova aventura dos Bolechas, dedicada á discapacidade intelectual

A directora xeral de discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, acompañaranos nesta actividade.

Celebramos a semana do libro coa presentación da nova aventura dos Bolechas, dedicada á discapacidade intelectual

FADEMGA Plena inclusión e a familia Bolecha, 

presentan esta semana

unha nova aventura dos Bolechas

sobre a discapacidade intelectual. 

 

O novo libro chámase 

Paio conta como é a discapacidade intelectual. 

No libro, Paio explica os apoios que precisan

os seus amigos e amigas con discapacidade intelectual,

mostrando que as diferenzas non son obstáculo para amizade

e o xogo compartido. 


A presentación do libro vai ser

o venres 26 de abril ás 7 da tarde

no Centro comercial de As Cancelas, 

en Santiago de Compostela. 

 

Ímos ler o libro todos xuntos

e despois faremos un mural colectivo. 

 

A Federación vai enviar este libro

a todos os colexios e bibliotecas de Galicia

para que os nenos e nenas podan traballar valores

como a empatía, o respeto, a aceptación

ou o bo trato. 

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.