Aberta a convocatoria para as viaxes do IMSERSO!

Vacaciónate!

Aberta a convocatoria para as viaxes do IMSERSO!

O ocio e o tempo libre son moi importantes

para a inclusión social de todas as persoas.


Por iso, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia

ofrecemos a todas as persoas con discapacidade intelectual

a posibilidade de participar no Programa de Vacacións IMSERSO. 


A través deste programa FADEMGA quere promover a inclusión

e fomentar a creación de contornas inclusivas

que favorezan as relacións entre persoas con e sen discapacidade. 

 

Tamén queremos que as persoas con discapacidade intelectual

teñan máis apoios na comunidade. 

 

A convocatoria para participar neste programa

está aberta. 

Podes solicitar a túa participación

ata o día 11 de marzo. 

 

* Podes atopar axuda para facer a túa solicitude

chamando ao 981 51 96 50

ou escribirnos a: ocio@fademga.org

 

Nas seguintes ligazóns podes descargar

o programa, a oferta de destinos e a documentación necesaria

para realizar a túa inscrición: 

- Cartel e oferta de destinos 2024.

- Convocatoria. 

- Condicións xeráis. 

- Ficha de autorización. 

- Ficha de solicitude individual. 

Archivos adjuntos

Fai un comentario