Aberto o prazo de inscrición no Encontro de Familias de 2024
Este ano o lema do encontro será "A familia no centro"

FADEMGA Plena inclusión Galicia
23-10-2024Como cada ano nestas datas
chega o momento das reunións e dos encontros,
e non podía faltar a esta cita o noso Encontro de Familias!
Dende hoxe tedes dispoñible a ligazón para realizar a vosa inscrición
e o programa con todas as indicacións para participar.
Baixo o lema "A familia no centro", reunirémonos un ano máis
para compartir experiencias, adquirir coñecementos
e fortalecer os lazos de apoio entre nós.
O encontro terá relatorios especializados
sobre o enfoque centrado na familia,
un modelo que promove o benestar e a inclusión das familias,
recoñecendo o seu papel no desenvolvemento e benestar
dos seus seres queridos.
Ademais, durante o evento trataranse temas
como as necesidades e os apoios que requiren as familias,
así como a súa participación na vida social e asociativa.
Unha oportunidade única para aprender de persoas expertas,
compartir con outras familias
e descubrir novas formas de afrontar os retos cotiáns.
Nesta ligazón podes ampliar toda a información ao respecto,
tanto do encontro como do servizo de respiro familiar
que poñemos a disposición das familias participantes.
E para máis información podes chamarnos ao 981 51 96 50
ou escribir a familias@fademga.org
ESPERÁMOSVOS!