Aberta a convocatoria para a 7ª Convivencia de irmás e irmáns

Este ano o encontro xirará en torno a como afrontar as situacións de dó

Aberta a convocatoria para a 7ª Convivencia de irmás e irmáns

Xa podes inscribirte na convivencia de irmás, irmáns, cuñados e cuñadas

de persoas con discapacidade intelectual. 

Este ano a temática do encontro será "a palabra como bálsamo":

aprenderemos a afrontar situacións de dó

e identificaremos as emocións e sentimentos que as provocan,

pensando nos sentimentos que poden experimentar as persoas con discapacidade

e os seus irmáns e irmás.

 

O encontro terá lugar o 21 de setembro

na Hospedería de San Martin Pinario en Santiago de Compostela

entre as 10 da mañá e as 7 e media da tarde. 

 

PASOS PARA REALIZAR A INSCRICIÓN

  • Vai ata a túa asociación e cubre e asina a pre-inscrición cos teus datos.
  • A asociación enviaranos a pre-inscrición asinada ao correo electrónico familias@fademga.org
  • Cada persoa interesada cubrirá e asinará unha ficha de pre-inscrición.
  • Non admitiremos pre-inscricións presentadas noutros formatos.

Nº DE PRAZAS: 20 persoas como máximo.

Terán prioridade as e os irmáns e cuñados

de persoas con discapacidade intelectual que participen en grupos de irmáns

nas súas asociacións ou na Federación.

COTA DE INSCRICIÓN: 10 euros (inclúe comida, café e material).

COMIDAS: As persoas asistentes sinalarán na pre-inscrición

se precisan dieta especial (celíaca, sen sal, etc.).

PRAZOS:

  • Envío da pre-inscrición ata o 11 de setembro.
  • Confirmación das prazas o 12 de setembro.
  • Baixas. Rogamos comunicar as baixas como moi tarde o 16 de setembro. 

 

DESCARGAS

Programa da xornada.

Ficha de inscrición.

 

Esperámoste!

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.