15 de maio. Día internacional da familia

Cada familia importa

15 de maio. Día internacional da familia

O 15 de maio,

celebramos o Día Internacional das Familias.

Desde FADEMGA Plena inclusión entendemos que a familia

ten un papel moi importante

na vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. 

 

Para FADEMGA, os Programas e Servizos de Apoio a Familias,

son fundamentais para acompañar ás familias

atendendo ás súas necesidades e demandas

e facilitándolle os apoios necesarios

para mellorar a súa calidade de vida

e o benestar de cada un dos seus membros. 

 

Esta maneira de entender o movemento asociativo

e o traballo dos nosos profesionais no eido familiar

é o que coñecemos como "enfoque centrado na familia". 

 

O enfoque centrado na familia é un conxunto de crenzas,

valores, principios e prácticas

para acompañar ás familias de cara a desenvolver as súas fortalezas

e aumentar o seu sentimento de competencia.

 

Neste Día Internacional das Familias,

animámoste a que coñezas máis sobre o enfoque centrado nas familias

e sobre os seus beneficios!

Segue esta ligazón e atoparás diferentes publicacións

para coñecer máis sobre este método e traballo. 

Fai un comentario