1º Encontro Raíces: compromiso co nosos maiores

Un espazo dirixido a profesionais, familias e persoas voluntarias

1º Encontro Raíces: compromiso co nosos maiores

Na actualidade, as asociacións e federacións

que prestamos atención a persoas con discapacidade intelectual

atopámonos ante unha nova realidade:

o proceso de envellecemento das persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento. 

 

Por iso, as organizacións debemos preocuparnos

por coñecer cales son as necesidades das persoas con discapacidade intelectual

que se atopan neste proceso,

así como dos profesionais e das familias

que os acompañan. 

 

Para conseguir este obxectivo

FADEMGA puxo en marcha o Proxecto Raíces,

para axudar a equipos de organizacións

a detectar os procesos de envellecemento 

e a reflexionar sobre como axudar a estas persoas

no proceso de facerse maiores. 

 

O proxecto tivo moi boa acollida

e por iso agora ímos a organizar o 1º Encontro Raíces

Este encontro está dirixido a profesionais, familias

e persoas voluntarias con interese en coñecer e reflexionar

sobre os retos e desafíos do envellecemento.

 

Este encontro terá lugar o vindeiro 14 de xuño,

de 10 da mañá a 5 da tarde

na Casa das Asociacións de Benestar Social – Cabes.

Esta Casa das Asociacións atópase na Rúa Manuel María, número 6

en Santiago Compostela. 

 

Aquelas persoas interesadas en participar,

podedes anotarvos a través desta ligazón

O prazo para realizar a inscrición estará aberto ata o 7 de xuño. 

 

Descarga aquí o Programa do Encontro!

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.