Presentación do libro dos Bolechas "Paio conta como é a discapacidade intelectual"

Os Bolechas estarán en As Cancelas, presentando o seu novo libro, onde explican como é a discapacidade intelectual.

Datos Xerais:

Categoría: Cultura

Organizador: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Prezo: libre

Dirixido a: Dirixido a público familiar

Onde: As Cancelas. Avenida Camiño Francés, 3 (2ª planta).

Cando: 26 de abril en As Cancelas, no espazo de Celi (Santiago de Compostela)

Duración: Dende as 19.00 horas

Descrición

Coincidindo coa semana na que se celebra o día do libro, FADEMGA Plena inclusión Galicia presentará a nova aventura dos Bolechas, que nesta ocasión quere achegar aos nenos e nenas de toda Galicia como é a discapacidade intelectual.

Esta presentación terá lugar o venres 26 de abril, ás 19:00 horas, no Centro Comercial de As Cancelas (Santiago de Compostela), e contará coa presenza dos Bolechas e da contacontos “Árbore Azul” que dinamizará diferentes actividades cos máis pequenos, incluíndo a lectura en grupo do libro e a elaboración dun mural colectivo.

Grazas a esta colaboración, a Federación achegará aos colexios e bibliotecas de toda Galicia exemplares do libro, co fin de concienciar sobre a importancia da inclusión, do bo trato, e da solidariedade cos pequenos con discapacidade intelectual que precisan de máis apoios nalgúns aspectos da súa vida. Alí vos esperamos!!

Presentación do libro dos Bolechas "Paio conta como é a discapacidade intelectual"