Un dos principios da "Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das persoas con discapacidade", di que debemos: "procurar que todas as persoas participen plenamente na sociedade". Segundo o artigo 29 desta Convención, as persoas con discapacidade teñen dereito á participación na vida política e pública.
Isto quere dicir que como cidadás de pleno dereito, estas persoas tamén poden elixir os seus gobernantes e ser elixidos por outros como representantes públicos.
A inclusión social é un aspecto básico para ter calidade de vida: todos necesitamos ser aceptados e formar parte da comunidade. Todos podemos vivir, aprender e participar na nosa comunidade.
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia traballamos no empoderamento das persoas con discapacidade intelectual, a promoción da súa participación na vida política e pública, e a súa participación na toma de decisión das nosas propias organizacións.
Existen moitas razóns polas que as persoas con discapacidade intelectual necesitan participar na sociedade:
- Son un máis, cos mesmos dereitos e obrigas
- As persoas con discapacidade intelectual teñen moito que aportar e moitas capacidades á hora de construír unha sociedade máis solidaria, máis xusta e máis diversa
- Debemos eliminar estereotipos e ideas erróneas sobre a discapacidade intelectual
- Para que a democracia sexa real a participación debería ser un dereito de todos os cidadáns
- Teñen necesidades e necesitan apoios para avanzar como persoas de pleno dereito
Por todo elo, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia desenvolvemos este Programa orientado a promover accións que den voz ás persoas con discapacidade intelectual: dende facilitar información sobre os programais electoráis ou reunións de sensibilización con representates políticos ata a adaptación a lectura fácil dos programas dos diferentes partidos.