Social

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

A través do "Programa de Muller" achegámonos á realidade das mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, co obxectivo de:

- Dar maior visibilidade a este colectivo de mulleres,

- Velar polos seus dereitos,

- Promover a súa participación e empoderamento dentro e fóra do movemento asociativo,

- Previr e sensibilizar contra a violencia de xénero e

- Fomentar accións que faciliten o acceso ao emprego de maneira igualitaria.

As mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento enfróntanse xa de partida a unha triple discriminación debido ao seu xénero, á súa discapacidade e a que dita discapacidade sexa intelectual, pois a pesar dos moitos avances en dereitos e inclusión, é unha característica que segue soportando un estigma social.

As mulleres con discapacidade intelectual poden presentar ademais outras características como desemprego, pobreza, idade (mulleres maiores), orixe étnica, etc., e cada unha delas suma a esa situación de maior discriminación. A todo elo, debemos engadir as denominadas "pequenas violencias diarias": na vida diaria non as vemos, non están, non se lles ten en conta ou están explotas nas súas contornas máis próximas. En definitiva, SON INVISIBLES. Esta invisibilidade é en sí mesma unha forma de violencia.

Pero a pesar desa invisibilidade, afortunadamente vai habendo cambios positivos.

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia, ademais de accións para a prevención do abuso, estamos a apoiar o auto-representación das mulleres con discapacidade intelectual e a súa participación como cidadás de pleno dereito en todos os ámbitos da súa vida.

Que participen e sexan protagonistas no seu día a día, na súa vida privada, familiar...

Que participen e teñan voz nas organizacións e servizos da discapacidade, tamén nos espazos de toma de decisións e liderado.

Que participen e teñan voz na vida da súa comunidade, na súa contorna, na vida política e social.

 

Pequenos avances para conseguir unha sociedade que nos inclúa a todas e todos.

Descarga aquí o folleto sobre o noso Programa de Muller.